Documento relatorio da Segunda Asemblea da nova etapa do Encontro Social de Ferrol Terra.
Informe da Asemblea do Encontro Social de Ferrol Terra, xuntanza celebrada o 22 de Febreiro de 2014, no salón de Actos do Ateneo Ferrolán.
Asisten 14 persoas. Comeza a reunión ás 18:15 hs e remata ás 20:30hs.
1º Despois de intensos debates onde se analizou a situación política e socioeconómica da comarca, con especial dedicación ao do sector naval; a resposta que se está a dar desde o movemento sindical e político; as condicións sociais que marcan a construción das alternativas, e o papel que está chamado a cumprir o Encontro Social de Ferrol Terra, chégase a seguinte conclusión:
Que todas as iniciativas de confluencia, mobilización, autoorganización e autoxestión, xurdidas e maduradas ao longo do debate, teñen unha oportunidade de ser desenvolvidas no marco das asembleas das Marchas pola Dignidade, conformadas como unha nova oportunidade de creación dun espazo de mobilización e autoorganización aberto, plural e asembleario. Será nesas asembleas onde deberán ser propostas, debatidas e asumidas.
2ª Unha vez analizada a situación do Consello Reitor, e das distintas comisións e iniciativas (finanzas éticas, comunicación, viaxes solidarios, tenda de troco, STOP Desafiuzamentos, Rede de Apoio Mutuo, ...) promovidas desde este Encontro Social, acórdase dar os pasos necesarios para convocar o Consello Reitor de Arméria cun único punto na orde do dia: a convocatoria de asemblea anual da cooperativa para elixir novo consello reitor e reorganizar as comisións.
Ferrol, a 22 de Febreiro de 2014
Referencia: Proceso de constitución do Encontro Social de Ferrol Terra e da Rede de Apoio Mutuo - Informe Nº 23
|||||||||||||
Nenhum comentário:
Postar um comentário