25 de maio de 2013

Convocatoria da XXI Asemblea Plenaria do Encontro Social de Ferrol Terra – Martes 28 de Maio de 2013

Proposta de obxectivos e orde do día para a XXI Asemblea Plenaria do proceso de construción do Encontro Social de Ferrol Terra, acompañado da Rede de Apoio Mutuo.

Día: Martes 28 de Maio.
Lugar: En Caranza, na Traseira do Mercado Municipal.
Horario: de 19:00 a 21:00 horas.

A proposta de obxectivo da reunión, é a de informar e debater sobre:
O Encontro; Arméria Soc. Coop. ; a Rede de Apoio Mutuo; Informar sobre a Folga Comarcal,  a Acción Artística e Popular de Radio Buguina: "Carga de Dignidade"; ... e outros asuntos de interese.

Proposta de orde do día
:

Nomear moderador ou moderadora da Asemblea.

Punto previo: Aprobación ou modificación da orde do día.
  1. Informar e debater sobre Arméria Soc. Coop. Galega e as súas seccións.
  2. Informar e debater  sobre a Rede de Apoio Mutuo.
  3. Información sobre as mobilizacións ("Pobos Unid@s contra a Troika" - Manifestación Internacional do 1 de Xuño;  o domingo 2 de Xuño "Carga de Dignidade" desde as 11 da mañá na Porta do Estaleiro no barrio de Esteiro; Contra a minaría salvaxe; - Manifestación Nacional en Compostela o 2 de Xuño; "Solucións" - Folga Xeral Comarcal o 12 de Xuño,  ...)
  4. Outros asuntos de interese, propostas, rogos e preguntas.
Ferrol Terra, 25 de Maio de 2012

Nota.-
Informe da anterior xuntanza celebrada o 9 de abril de 2013.

||||||||||||||||||||||||

Nenhum comentário:

Postar um comentário