16 de fevereiro de 2013

Convocatoria da XIX Asemblea Plenaria do Encontro Social de Ferrol Terra – Martes 19 de Febreiro de 2013

XIX Asemblea Plenaria do Encontro Social de Ferrol Terra

Proposta de obxectivos e orde do día para a XIX Asemblea Plenaria do proceso de construción do Encontro Social de Ferrol Terra, acompañado da Rede de Apoio Mutuo.

Día: Martes 19 de Febreiro.
Lugar: Local Asociación Veciñal de Esteiro.
Horario: de 19:00 a 21:00 horas.

A proposta de obxectivo da reunión, é a de debater e acordar sobre:
O funcionamento do Encontro; Arméria Soc. Coop. Galega: Consello Reitor, Tenda de Troco, Local, ....; Sobre a Rede de Apoio Mutuo (STOP-Desafiuzamentos, ...); Conclusións sobre o Encontro Social e as dúas asembleas extraordinarias celebradas os pasados 24 de xaneiro e 5 de febreiro, onde debatimos sobre "A situación da Comarca: diagnose e alternativas"; Tratar outros asuntos de interese; ...

Proposta de orde do día
:
Punto previo: Aprobación ou modificación da orde do día.
  1. Funcionamento das asembleas plenarias do Encontro Social.
  2. Pasos que se están dando para a legalización de Arméria Soc. Coop.  E sobre o local da Traseira do Mercado Municipal de Caranza (Legalización, Dotación e Abertura) e outros asuntos da Cooperativa.
  3. Análise sobre a mobilización do 16F de STOP-Desafiuzamentos.
  4. Conclusións sobre o Encontro Social e as dúas asembleas extraordinarias celebradas os pasados 24 de xaneiro e 5 de febreiro, onde debatimos sobre "A situación da Comarca: diagnose e alternativas".
  5. Outros asuntos de interese, propostas, rogos e preguntas.
Ferrol Terra, 16 de Febreiro de 2012

||||||||||||||||||||||||

Nenhum comentário:

Postar um comentário