3 de setembro de 2012

Xuntanza para constituír, con carácter provisional, un Consello Reitor Aberto da Cooperativa Arméria - Martes 4 de Setembro de 2012, ás 8 da tarde no local da Asociación Veciñal de Esteiro


O Consello Reitor Aberto, é o órgano coordinador e de representación legal da sociedade cooperativa. Coordina todas as actividades das comisións, grupos e seccións de Arméria. Coordena a representación legal e pública, custodia a documentación e leva a tesourería. Da conta da súa xestión ante a Asemblea Xeral de Arméria.


Na actualidade a Cooperativa Arméria en fase de constitución legal e formal, leva-se desde a Comisión de Economía Social e de Calidade de Vida, do Encontro Social de Ferrol Terra que é quem a promove. No aspecto formal no seo de Arméria están constituídas só dúas seccións: unha que é o "Grupo de Apoio ás Finanzas e Seguros Éticos" e outra que é a "Comisión de Viaxes Educativos e Solidarios". Estas dúas seccións están en fase de formación con proxectos en marcha, como xa informaremos no Boletín nº2 de Arméria. Despois hai unha actividade compartida que promove a cooperativa e que está dentro da rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra como é o "Banco de Tempo" que tamén está en fase de formación e dous proxectos máis en marcha : a "Axenda Aberta - De aboca a boca" e "O Peto Solidario". Para coordinar esta incipiente actividade e comezar a dar-lle corpo á cooperativa, acordou-se na Asemblea Plenaria do Encontro Social do pasado 13 de Agosto, convocar unha xuntanza aberta a todas as sociais e socios de Arméria para axudar a constituír o Consello Reitor provisional da Cooperativa, até a Asemblea Xeral onde se formalice e legalice a súa constitución. Este Consello Reitor tería a función provisional, entre outras, de facer unha última revisión aos Estatutos, controlar as contas, convocar unha Asemblea Xeral de Arméria para a súa aprobación e realizar todos os trámites legais, para súa constitución no menor prazo posíbel.

Esta xuntanza aberta está previsto realiza-la o vindeiro Martes 4 de Setembro de 2012, ás 8 da tarde no local da Asociación Veciñal de Esteiro.

Están convocadas todas as persoas asociadas a unha reunión de persoas voluntarias que queiran facer propostas ou mesmo formar parte dun Consello Reitor de carácter Provisional.

http://armeriacooperativa.blogspot.com.es/

|||||||||||||||||||

Nenhum comentário:

Postar um comentário