Referencia: Proceso de constitución do Encontro Social de Ferrol Terra e da Rede de Apoio Mutuo.
Lugar: Local Asociación Veciñal de Esteiro.
Informe da XII Asemblea Plenaria do proceso de construción do Encontro Social de Ferrol Terra acompañado da Rede de Apoio Mutuo.
Asisten 25 persoas. Están representadas as seguintes organizacións: Asociación de Economía Social Briante; A. C. Fuco Buxán; Colectivo Ártabra 21; Lazos Pro Solidariedade - Comité AntiSida de Ferrol; A Revolta de Trasancos - Colectivo Sociocultural; Asociación Veciñal de Esteiro; Marcha Mundial das Mulleres; Foro Galego de Inmigración; Esquerda Unida.
Algunhas persoas, a título individual desculpan a súa ausencia.
1- A Comisión de Economía Social informa das contas resultado da organización do xantar da Asemblea de Reas en San Sadurniño, cun saldo a favor de 140,30€ que se ingresaran no PAS “Peto de Aforro Solidario”. Fíxose unha valoración do desenvolvemento da Asemblea, coas súas eivas organizativas e de participación, e unha rolda de opinións sobre outras iniciativas como as Cooperativas Integrais ou Son Enerxía.
2- Informase que a primeiros de setembro constituirase o Grupo de Apoio às Finanzas Éticas, concretado en grupo promotor de Coop57 e Fiare. Contase coa asistencia de Ramón Carmelo e Raúl Asegurado.
3- Despois dun pequeno debate sobre a situación de Arméria, e dado que xa se conta con máis das 100 persoas que se precisan para a presentación dos estatutos, chegase aos seguintes acordos:
Convocar a todas as persoas asociadas a unha reunión de persoas voluntarias que queiran facer propostas ou mesmo formar parte dun Consello Reitor de carácter Provisional. A reunión sería o martes 4 de setembro ás 20hs nos locais da AAVV de Esteiro.4- A Comisión de Viaxes Escolares e Solidarios informa das convocatorias que ten programado para principios de setembro. O luns 10 de setembro no CEIP Manuel Masdías están convocadas as ANPAS e Claustros dos colexios públicos para participar na Comisión e elaborar un programa de actuación e calendario. O venres 7 de setembro a comisión realizará unha xuntanza previa a esta convocatoria, será ás 19hs nos locais da AAVV de Esteiro.
Nesa reunión tratarase a entrega da documentación á Xunta de Galicia e a convocatoria de Asemblea Xeral para aprobar estatutos e elixir ao Consello Reitor.
3- A Asemblea Sen Papeis informa das últimas actividades desenvolvidas e convoca un acto, preformance, para o dia 31 de agosto ás 11 da mañá frente ao Concello de Ferrol.
4- Infórmase da situación da Asociación Lazos en relación cos recortes nos subsidios das administracións e a negativa do Alcalde para recibilos. Acordase poñer en marcha a Rede de Apoio Mutuo para enfrontar esta situación.
5- Un representante do Colectivo de Cidadás e Cidadáns de 'Acción Directa de Recuperación dos Espazos Públicos' informa das súas actividades e solicita ás asociacións e grupos que participan no Encontro Social apoio público para as súas demandas concretadas nun comunicado que se pode descargar no endereço web http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/
6- Participaron na reunión dúas persoas promotoras dunha iniciativa para criar unha asociación de custodia do territorio que non puideron expoñer por falta de tempo a convocatoria dunha reunión para o 21 de agosto no concello de Fene. Membros de Arméria asistirá a esa xuntanza e pasarase información no próximo pleno.
7- En relación ás iniciativas para dotar de locais á Cooperativa, acordase xestionar a reunión co alcalde de Narón, e entrar no local do mercado de Caranza do que se ten chaves, para comezar os traballos de limpeza e saneamento.
Acordase celebrar un novo plenario o martes 18 de setembro ás 19hs nos locais da AAVV de Esteiro.
Ferrol Terra, a 14 de Agosto de 2012
|||||||||||||||
Nenhum comentário:
Postar um comentário