18 de setembro de 2012

Este Martes, 18 de Setembro, terá lugar a XIII Asemblea Plenaria do Encontro Social de Ferrol Terra

XIII Asemblea Plenaria do Encontro Social de Ferrol Terra

Proposta de obxectivos e orde do día para a XIII Asemblea Plenaria do proceso de construción do Encontro Social de Ferrol Terra e da Rede de Apoio Mutuo.

Día: Martes 18 de Setembro.
Lugar: Local Asociación Veciñal de Esteiro.
Horario: de 19 a 21 horas.

Obxectivo da reunión:
  • Alerta dun desafiuzamento para o Venres 28 de Setembro.
  • Recibir información e avaliar os pasos dados na organización da Cooperativa Arméria.
  • Debater e avaliar a situación da Comarca.
  • Debater e avaliar a sobre as vindeiras eleccións lexislativas galegas se houber lugar.
  • Avaliar os avances.

Temas a tratar:
  1. Información e avaliación da Constitución do Consello Reitor Provisional de Arméria e a súa primeira reunión.
  2. Pasos dados na organización do Banco de Tempo.
  3. Pasos dados na organización da Comisión de Viaxes Educativos e Solidarios.
  4. Pasos dados na organización do Grupo de Finanzas e Seguros Éticos.
  5. Pasos dados no asunto dos Locais e proposta de traballo comunitario para o local de Caranza.
  6. Proposta para promover a constitución da Comisión de Agricultura (Hortas Comunitarias, Banco de Terras, ...).
  7. Activación da Rede de Apoio Mutuo por unha alerta de desafiuzamento para o Venres 28 de Setembro: convocada unha xuntanza aberta en Caranza, para este Mércores, 19 de Setembro, ás 5 da Tarde no Local de Fuco Buxán.
  8. Información da convocatoria para este Mércores, 19 de Setembro, ás 7 da Tarde, da Plataforma Contra o Malgasto do Diñeiro Público, no local da Asociación Veciñal de Esteiro.
  9. Información da XIII Sesión-Vermut do Colectivo Opaii, onde se presentará a nova Grella 2012-2013 de Rádio Filispim, que terá lugar o Sábado 29 de Setembro ás 12 do mediodía na Traseira do Mercado de Caranza.
  10. Debater e avaliar sobre a situación da Comarca (Mobilizacións do Sector Naval, ...).
  11. Outros asuntos se houbera tempo: a enquisa do CIS; a recesión e o rescate; o modelo económico do euro-vegas; as manifestacións de Barcelona, Madrid e Lisboa; as Eleccións Autonómicas previstas para o 21 de Outubro; proposta de intervención urbana do Colectivo Andaravía en Ferrol Vello: “O Muro da Felicidade”...
|||||||||||||||||||||||

Nenhum comentário:

Postar um comentário