20 de setembro de 2012

Informe da Xuntanza do 18 de Setembro de 2012

INFORME Nº13 - XUNTANZA CELEBRADA O 18 DE SETEMBRO DE 2012.

Referencia: Proceso de constitución do Encontro Social de Ferrol Terra e da Rede de Apoio Mutuo

No Local Social da Asociación Veciñal de Esteiro

Informe da XIII Asemblea Plenaria do proceso de construción do Encontro Social de Ferrol Terra acompañado da Rede de Apoio Mutuo.

Asisten 24 persoas. Están representadas as seguintes organizacións: A. C. Fuco Buxán; Colectivo Ártabra 21;  A Revolta de Trasancos - Colectivo Sociocultural; Marcha Mundial das Mulleres; Esquerda Unida; PSdeG-PSOE; Asociación Veciñal de Esteiro

Lazos Pro Solidariedade - Comité Antisida de Ferrol; Foro Galego de Inmigración; Asociación de Economía Social Briante, e catro persoas, a título individual, desculpan a súa ausencia.


1- Informa-se da reunión aberta convocada aos socios e socias da Cooperativa Arméria para a formación dun Consello Reitor Provisional. A esa xuntanza acudiron 25 persoas quedando elixido un Consello que se reuniu o 13 de Setembro para comezar os trámites de legalización e convocar unha Asemblea Xeral. A próxima reunión do Consello Reitor será o 20 de Setembro.

2- Informase dos avances do Grupo promotor do Banco de Tempo. O grupo está traballando na ferramenta informática e pensan que a finais de Outubro vai estar listo para presentar a todo o tecido asociativo que queira colaborar co proxecto, tendo en conta que este Banco de Tempo vai estar funcionando con traballo voluntario.

3- Informase do resultado da reunión mantida polo Grupo de Viaxes Escolares e Solidarios á que acudiron as ANPAS de Recimil e Laxe, e representantes dos claustros de Ferrolterra e Manuel Masdías. Teñen pensado realizar unha nova convocatoria o Luns 24 de Setembro ás 18:00 horas no CEIP Manuel Masdías.

4- O Grupo de Apoio ás Finanzas e Seguros Éticos informa da realización o próximo 2 de Outubro dun acto de presentación do mesmo coa constitución de grupos promotores na comarca de Coop57 e Fiare-Galiza. Neste acto estarán presentes representantes destas dúas iniciativas financeiras, con persoas asociadas ás mesmas da nosa Comarca, e aquelas persoas interesadas en facerse socias tanto de COOP 57 como de Fiare. Convocarase á prensa para este acto.

5- O traslado dos murais do Comité Cidadá de Emerxencia farase o próximo xoves 20 de Setembro ás catro da tarde, desde o local situado na parte traseira do Mercado de Caranza. As persoas interesadas en pagar con horas de traballo á Cooperativa Arméria, poden acudir a esta convocatoria.

6- O local ofrecido polo Concello de Narón, non reúne as características apropiadas. Instara-se ao Alcalde a que nos facilite outro máis axeitado.

7- Fai-se unha reflexión sobre a necesidade de organizar baixo unha Comisión de Agricultura, aquelas iniciativas de hortas comunitarias, hortas urbanas e bancos de terras, para coordina-las. Acordase trasladar esta proposta a todos estes colectivos.

8- Informase da activación da Rede de Apoio Mutuo para un caso de desafiuzamento no barrio de Caranza, que está proxectado que teña lugar o próximo venres 28 de Setembro. A reunión da Rede terá lugar nos locais de Fuco Buxán ás 17.00 horas do mércores 19 de Setembro.[*]

9- A Plataforma contra o Malgasto ten convocada reunión para o 19 de Setembro para organizar un acto na Praza de España o día 4 de Outubro.

10- O Colectivo Opaii, promotor dae "Rádio Filispim" organiza para o sábado 29 de Setembro unha nova sesión vermut para presentar a grella cos programas desta nova etapa. Será na parte traseira do Mercado de Caranza.

11- Ricardo Costa presenta un proxecto de atención á saúde mental de persoas desempregadas. Acordase que o remita aos correos do Encontro para poder debatelo na próxima reunión.

12- A raíz da proposta anterior, faise outra proposta de recuperar as Escolas-taller.

13- A Marcha Mundial das Mulleres invita ás persoas e organizacións que participan no Encontro a participar o Xoves 4 de Outubro, no comezo dunha campaña mundial baixo o lema “A débeda dos gobernos é coas mulleres, non coa banca”. Cando se teña máis concretado o acto a realizar en Ferrol, pasara-se información.

14- Informa-se que o roteiro do Río Baa, organizado por SGHN, Verdegaia, ADEGA e a Plataforma pola Defensa dos Camiños, queda suspendido por mal tempo. Informara-se da nova data  e convidase a asistir.

15- Informa-se que o Comité Cidadá de Emerxencia ten convocado nova concentración por entrada dun gaseiro cargado para Reganosa, o mércores 19 ás 8 da tarde na Praza do Himno Galego.

16- Informa-se da proposta de intervención urbana do Colectivo Andaravía en Ferrol Vello: “O Muro da Felicidade”... para o Venres 28 de Setembro, na Praza Vella ás 7 da Tarde.

Acordase celebrar un novo plenario o mércores 3 de Outubro ás 19:00 horas nos locais da Asociación Veciñal de Esteiro.

Quedando pendentes para a vindeira xuntanza os puntos do anterior orde do dia:
  1. Debater e avaliar sobre a situación da Comarca (Mobilizacións do Sector Naval, ...).
  2. Outros asuntos se houbera tempo: a enquisa do CIS; a recesión e o rescate; o modelo económico do euro-vegas; as manifestacións de Barcelona, Madrid e Lisboa; as Eleccións Autonómicas previstas para o 21 de Outubro; ..

[*] Cando se redactou este informe quedaba convocada nova reunión polo desafiuzamento de Caranza para o venres 21 de Setembro ás 17hs, nos locais de Fuco Buxán.

Ferrol Terra, a 19 de Setembro de 2012

|||||||||||||||||||

Nenhum comentário:

Postar um comentário