Referencia: Proceso de constitución do Encontro Social de Ferrol Terra e da Rede de Apoio Mutuo.
Lugar: Local Asociación Veciñal de Esteiro.
Informe da IX Asemblea Plenaria do proceso de construción do Encontro Social de Ferrol Terra acompañado da Rede de Apoio Mutuo.
Asisten 44 persoas.
Están representadas as seguintes organizacións:
Asociación de Economía Social Briante
A. C. Fuco Buxán
Colectivo Ártabra 21
Lazos Pro Solidariedade - Comité AntiSida de Ferrol
A Revolta de Trasancos - Colectivo Sociocultural
Marcha Mundial das Mulleres
Asemblea Local do15M-#AcampadaFerrol
Asociación Veciñal de Esteiro
Foro Galego de Inmigración.
PSdeG-PSOE
As organizacións que faltaron non desculparon a súa non asistencia.
Comezamos a xuntanza ás 19:15 e rematamos ás 21:45 horas.
Obxectivo da reunión:
- Expoñer e analizar as proposta da Comisión de Economía Social e da Comisión de Comunicación.
- Aprobación, se procede, das propostas presentadas.
- Información sobre propostas de novos proxectos.
Asuntos:
Informe e propostas da Comisión de Economía Social:
1. Acordase realizar unha xestión diante do concello en relación a dous locais do mercado de Caranza, que foron reiteradamente rexeitados por outras organizacións.Informe da Comisión de Comunicación:
2. Acórdase abrir conta bancaria da Cooperativa Armeria e convocar aos socios e socias para asinar a acta fundacional.
3. Acórdase, despois de analizar o caso de desafiuzamento do barrio de Esteiro, que a Comisión de Economía Social, promova a creación dunha lista de vivendas sociais sen ocupar para que o Concello habilite unha bolsa de vivenda de emerxencia social.
4. Informase da Xornada sobre seguros éticos, ás que asistiron catro persoas da Comisión.
5. Acórdase que a Comisión, organice unha proposta de programación, e xestione as instalacións da Universidade en Esteiro, para celebrar a Asemblea Anual de REAS (Rede de Economía Alternativa e Solidaria).
1. Fíxose reparto do modelo de ficha, da Rede de Apoio Mutuo; de Recursos Compartidos e de fichas de asociación á Armeria.Fica convocada reunión da Comisión de Economía Social o próximo martes 5 de xuño ás 19hs e a da Comisión de Diagnose e Comunicación ás 18hs, ambas nos locais de Fuco Buxán, en Caranza.
2. Informase que existe un local que se cede para a Comisión de Comunicación e Grupo de Finanzas Éticas. Nuns días organizaranse quendas de traballo para habilitalo. Toda vez que se precisa gardar material neste local, acórdase facer uso da chave do local contiguo, que se obtivo a través da AAVV de Caranza, para gardar nel o material, mentres se xestiona no Concello a súa normalización como local de Armeria, xunto co local contiguo.
3. Lémbrase a necesidade de ir cubrindo o comunicado de adhesión ao Encontro Social de Ferrolterra.
4- A Proposta para a creación dun Servizo Comunitario de Defensa Xurídica, queda adiada para a seguinte Asemblea, a petición da propia ponente.
5- Informa-se do proxecto para a defensa comunitaria das cabeceiras dos ríos, un proxecto que nace ao abeiro dos roteiros organizados por varios colectivos ecoloxistas, que pretenden pór en valor a riqueza natural, arqueolóxica e paisaxista que existe nas concas dos rios que desenvorcan na nosa ría.
6- Outras propostas e informacións.
Informase da mobilización na defensa da Sanidade Pública, convocada para o 3 de xuño en Compostela. Haberá autobuses.
Convocase novo Plenario o martes 12 de xuño ás 19hs nos locais da Asociación Veciñal de Esteiro.
Ferrol Terra, 29 de maio de 2012
Nenhum comentário:
Postar um comentário