Boletín emitido o 8 de Xuño de 2012
ARMÉRIA SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA
Entidade sen ánimo de lucro
Enderezo, Correo-e e Telefonos son provisionais.
O domicilio social da Cooperativa estabelece-se na Rúa Armada Española nº32, Baixo. FERROL | Contacto provisional: forosocialdeferrolterra@gmail.com |
ASUNTOS DE MOITA IMPORTANCIA
Grupo para a promoción das Finanzas Éticas | Máis info nos 637799350 e 659308775
As persoas interesadas en facer parte do Grupo para a promoción das Finanzas Éticas, están convocadas a asistir a unha reunión o luns 11 de xuño, ás 18:30hs nos locais da Asociación Fuco Buxán.
Sinaturas na acta de constitución de ARMERIA | Máis info nos 637799350 e 675644587
O luns 11 de xuño, nos locais da Asociación Fuco Buxán, en horario de 17:00 a 20:30 horas, farase recollida de sinaturas na acta constitucional da Cooperativa Arméria, dado que moitas persoas teñen cuberta a ficha de alta, pero non teñen asinado a acta constituínte.
Poden aproveitar tamén para darse de alta na cooperativa, aquelas persoas que non o fixeron na Asemblea Constituínte, celebrada en Caranza o pasado 20 de Abril.
Traballo previsto: Limpeza dun Local | Máis info no 645158113
TRABALLO PREVISTO PARA LIMPEZA DO LOCAL '1' DO MERCADO MUNICIPAL
Local que se vai destinar ao Grupo de Finanzas Éticas e á Comisión de Comunicación
Necesitanse 5 persoas que deban 5 horas de traballo do Capital Social da Coop. Arméria.
Quen estexa en disposición, ten que enviar un correo-e [forosocialdeferrolterra@gmail.com] aceptando e dando un telefono de contacto. Até que non se reciba correio de confirmación, non se considerará que haxa acordo.
Obxectivo: Limpeza dun pequeno local de dous andares, sobre uns 30 metros cadrados de superficie.
Traballos: Separar o lixo de cousas que podan valer. | Clasificar e meter en sacas | Levar as cousas de valor a outro local. | Rascar e Pintar se é necesario. | Revisar a instalación eléctrica | Montar unha mesa de oficina.
Utensilios e ferramentas (non son indispensábeis, mais agradecese a colaboración): Roupa de traballo | Luvas | Rasquetas | Capacho | Sacas de Lixo.
Punto de encontro: Traseira Esquerda do Mercado Municipal de Caranza Café-Bar Alba (Toñito) ás 17:00 horas
Calendario e horario de traballo:
- Luns 11 de Xuño de 17:00 a 20:00 horas
- Mércores 13 de Xuño de 17:00 a 20:00 horas
- Xoves 14 de Xuño de 17:00 a 20:00 horas
Grupo Impulsor do Banco de Tempo | Máis info no 659308775
As persoas interesadas en facer parte do Grupo Impulsor do banco de Tempo, están convocadas a unha reunión o luns 18 de xuño ás 19hs nos locais da Asociación Veciñal de Esteiro.
Como se acordara abriron-se dúas contas provisionais en CajaMar Caja Rural, S.C.C.
Desde a conta de ASOC. ECONOMIA SOCIAL BRIANTE fixeron-se dúas transferencias:
- Unha como PROMOTORES ARMERIA COOP – Nº CCC: ES7730586402962720000652 de 3.000 euros (Aportación Cooperativa Armeria).
- Outra como FONDO XESTION ARMERIA – Nº CCC: ES2930586402922720000645 de 1.000 euros (gastos de Xestión).
|||||||||||||||||
Anuncios:
Lembrar que o Martes 12 de Xuño, ás 7 da tarde, está convocada a X Asemblea Plenaria do Encontro Social de Ferrol Terra, no Local da Asociación Veciñal de Esteiro. [+ Info 652201003]
ASEMBLEA XERAL COOP57 GALIZA - 16 XUÑO 2012 - Desde Coop57 Galiza informamos-vos que o próximo dia 16 de Xuño - Sábado- celebraremos no Pazo da Cultura en Pontevedra, a partir das 10.15 horas en única convocatória, unha reunión ordinária da Asemblea Xeral de Coop57 Galiza. [+ Info 675644587]
|||||||||||||||
Enlace co Boletín nº 1 en formato pdf para descargar ou imprimir.
||||||||||||||||||||
Nenhum comentário:
Postar um comentário