28 de maio de 2012

Este martes 29 de maio, celebraremos a nosa IX Asemblea Plenaria

Nos locais da Asociación Veciñal de Esteiro, este martes 29 de Maio, ás 7 da tarde temos unha cita na novena Asemblea plenaria do Encontro Social de Ferrol Terra. Moitos son os puntos a tratar en apenas dúas horas para informar, debater e acordar.
Os obxectivos desta novena xuntanza son os de expoñer e analizar as proposta da Comisión de Economía Social e da Comisión de Comunicación, aprobando, se procede, as propostas presentadas (Situación dos locais da Cooperativa Arméria e proposta de actuación; Situación de estatutos e proceso de legalización de Arméria; Proposta de bolsa de vivendas sociais; Asemblea anual de REAS; Reparto de fichas da rede de apoio mutuo e recursos compartidos; Local da Comisión de Comunicación e Grupo de Finanzas Éticas; Manifesto de adhesión; ... e outros). Logo pasaremos á información sobre propostas de novos proxectos (Solicitude de xestións previas para a constitución do servizo comunitario e gratuíto de defensa xurídica e outra sobre o proxecto de defensa comunitaria das cabeceiras dos ríos). Para rematar pasaremos a outras propostas e informacións (Mobilización na defensa da Sanidade Pública, 3 de xuño en Compostela; Mobilizacións do Sector Naval; Represión en Mercadona; Folga de Einsa (18 días en folga indefinida); Ensino; Situación da Comarca (peche do Centro de Menores Soutomaior, ...). Vemo-nos, non faltar.

||||||||||||||||

Nenhum comentário:

Postar um comentário