27 de maio de 2012

Estamos construíndo un portal dixital do Encontro Social de Ferrol Terra

Desde a Comisión de Comunicación e Diagnose, encetamos a tarefa de construir un portal na Rede onde teñamos subido todo o referente ao Encontro Social de Ferrol Terra acompañado da Rede de Apoio Mutuo.

Todo o referente ao Encontro coas súas comisións; a Rede de Apoio Mutuo coa súa rede de recursos compartidos e a Cooperativa Galega sen ánimo de lucro 'Arméria'; o Banco de Tempo; grupo de Finanzas Éticas; ... vai estar ligado ao citado portal.

Unha persoa cedeunos de balde un hosting e un dominio denominado deferrolterra.org, neste dominio imos enlazando varios subdominios:
e así sucesivamente.

Polo de agora o portal está en construción, aínda que se pode acceder provisionalmente a el, para ver como vai quedando e facerlle os contributos e críticas correspondentes.

||||||||||||||||||||||

Nenhum comentário:

Postar um comentário