11 de maio de 2012

Informe da Xuntanza do 10 de Maio de 2012

INFORME Nº8 - XUNTANZA CELEBRADA O 10 DE MAIO DE 2012.

Referencia: Proceso de constitución do Encontro Social de Ferrol Terra e da Rede de Apoio Mutuo.

Lugar: Local Asociación Veciñal de Esteiro.

Informe da VIII Asemblea Plenaria do proceso de construción do Encontro Social de Ferrol Terra acompañado da Rede de Apoio Mutuo.
Asisten 44 persoas.

Están representadas as seguintes organizacións e movimentos:

Asociación de Economía Social Briante
A. C. Fuco Buxán
Colectivo Ártabra 21
Lazos Pro Solidariedade - Comité AntiSida de Ferrol
A Revolta de Trasancos - Colectivo Sociocultural
Marcha Mundial das Mulleres
Asemblea Local do15M-#AcampadaFerrol
Asociación Veciñal de Esteiro
COGAMI
Foro Galego de Inmigración.
Colectivo Opai - Radio Filispim
PSdeG-PSOE

As organizacións que faltaron non desculparon a súa non asistencia.

Comezamos a xuntanza ás 19:20 e rematamos ás 21:40 horas.


Temas tratados e acordos:

1-O representante do Comité AntiSida de Ferrol e a representante do Foro Galego de Inmigración, informan da creación da Asemblea Sen Papeis de Ferrolterra. Informan da realidade deste colectivo na comarca afectado polo endurecemento da Lei de Estranxeiría e os recortes sanitarios. Faise lectura do comunicado de constitución e os obxectivos que se pretenden cumprir: visibilizar ao colectivo, criar rede de apoio, dar resposta activa ás actuacións políticas que vulneran os seus dereitos. En canto ao debate de constituír a maiores unha Comisión do Encontro sobre Inmigración, acordase, polo momento, de participar na Asemblea de Sen Papeis, para consolida-la e evitar duplicidades.

2-Lembrase a celebración da xornada de debate sobre os estatutos da Coop Armeria, o 11 de maio às 17hs no CEIP Manuel Masdías.

3-Informase da situación dos locais situados no mercado de Caranza, e as xestións pendentes.

4-Animouse ás asociacións e organizacións a debater o documento de adhesión. As fichas da rede de Apoio Mutuo presentaranse no seguinte plenario.

5-Estase traballando na construción dun portal onde se aloxe todo o relacionado co Encontro. Cedéusenos un dominio “deferrolterra.org” e un hosting. O enderezo polo de agora é http://deferrolterra.org/encontrosocial/

5-Informase da situación do banco de tempo. A ferramenta web está finalizada. Aparece como enlace dentro do portal do Encontro. Cumpre agora mover as inscricións.

6-A Asemblea Local do15M-#AcampadaFerrol informa das actividades que ten programadas ante a mobilización mundial convocada para o #12M e o primeiro aniversario do #15M.

7- Informase tamén de que a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública convoca para o 24 de maio mobilización en Ferrol.

8- Faise unha intervención no sentido de que desde o Encontro tamén se habiliten espazos físicos para o intercambio, obradoiros..., que posibiliten a convivencia interpersoal.

9- Informase dun encontro sobre seguros éticos, organizado pola rede de cooperativas Sinerxia, a desenvolver en Compostela o 26 de maio. Valorase positivamente a asistencia a ese encontro. Comunicaráselle a Manolo Rivera.

10- Informase tamén dun curso de cooperativismo organizado pola rede EUSUMO, en Narón.

O próximo plenario será o 29 de maio ás 19hs nos locais da Asociación Veciñal de Esteiro.

|||||||||||||||||||||

Nenhum comentário:

Postar um comentário