INFORME DA REUNIÓN DE COORDINACIÓN DAS COMISIÓNS
DE ECONOMÍA SOCIAL E CALIDADE DE VIDA, E COMUNICACIÓN E DIAGNOSE -
3 DE MAIO DE 2012
Referencia:
Proceso de constitución do Encontro Social de
Ferrol Terra e da Rede de Apoio Mutuo.
Participan
na reunión 18 persoas.
Temas
tratados:
1- Proposta de axenda para avanzar na constitución da
cooperativa Arméria.
2- Propostas para o Plenario do ESFT.
2- Propostas para o Plenario do ESFT.
Acordos:
1- Despois dun profundo debate, valorando moi positivamente os pasos dados até o momento, chégase aos seguintes acordos para propoñer ao Plenario do Encontro Social de Ferrol Terra, a respecto da Cooperativa Arméria:
1- Despois dun profundo debate, valorando moi positivamente os pasos dados até o momento, chégase aos seguintes acordos para propoñer ao Plenario do Encontro Social de Ferrol Terra, a respecto da Cooperativa Arméria:
- Darlle prioridade ao proceso de legalización (estatutos, conta, CIF).
- Participar activamente na xornada de traballo sobre a proposta de estatutos de Arméria, do 11 de maio.
- Convocar asemblea de socias e socios de Arméria para debate e aprobación de estatutos.
- Constituír unha Comisión Técnica que nun primeiro momento se centre nos trámites de legalización, estatutos, regulamento interno, para logo especializarse na realización de estudos de viabilidade de actividades e apoio técnico a outros proxectos.
- Constituír unha Comisión Social que ademais de coordinar as actividades das distintas seccións da cooperativa, leve a xestión social da mesma.
- Priorizar a posta en marcha do local que permita comezar a desenvolver actividades como a do roupeiro.
- Realizar coa colaboración da Comisión de Comunicación, convocatorias abertas para incorporar aos socios e socias, aos grupos que están a impulsar as actividades.
- Publicar en formato papel a intervención de Segundo sobre cooperativismo.
- Manolo Ribera asinará un artigo sobre Arméria para a revista de Fuco Buxán.
2-
A
respecto do propio
proceso
de constitución do Encontro Social de Ferrol Terra e da Rede de
Apoio Mutuo, tómanse os seguintes acordos:
- Animar ás asociacións e persoas que participan do Encontro, a cubrir os datos da ficha da Rede de Apoio Mutuo, elaborada pola Comisión de Comunicación.
- Impulsar a sinatura do Manifesto para conformar o ESFT, polo maior número de organizacións e asociacións.
- Coordinar o grupo que está a desenvolver o Banco de Tempo coa Comisión de Comunicación.
3-
Propoñer ao Plenario do ESFT do 10 de maio de 2012, a seguinte orde
do día:
- Constitución da Comisión de Inmigración.
- Avanzando na Rede de Apoio Mutuo.
- Proceso de adhesións ao Manifesto Constituínte do Encontro.
- Cooperativa Arméria. Estatutos e Axenda de construción.
- Convocatoria mundial do 12 de maio ( Ocupy e 15M).
- Informes doutras comisións e propostas.
Nenhum comentário:
Postar um comentário