21 de abril de 2012

Constituída a Sociedade Cooperativa Galega Sen Ánimo de Lucro 'Arméria'

O pasado 20 de Abril de 2012, no Centro Cívico de Caranza quedou constituida a Sociedade Cooperativa Galega Sen Ánimo de Lucro 'Arméria'. Despois da Intervención de Segundo Ruíz Lemos que falou do cooperativismo, tipos de cooperativas e economía social; Ramón Carmelo Rodríguez Padín da Federación de Cooperativas Sinerxia, por COOP57 que falou do cooperativismo e Galiza e de finanzas éticas e Manuel Rivera Iglesias da Asociación de Economía Social Briante que falou de Arméria.


Quedou constituída Arméria como unha ferramenta legalizada e con entidade xurídica propia da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra. 'Arméria' ten como obxectivo promover actividades de economía social que incidan favorabelmente na calidade de vida das persoas poboadoras do territorio no que actúa, nas comarcas de Ferrol Terra de Trasancos, Bezoucos, Ortegal e Eume. Unhas actividades que guiadas polos principios da cooperación, a complementariedade, a reciprocidade, a autoxestión, portas abertas, democracia, e axuda mutua, con metodoloxías creativas e enfoque cunicultura. Nestas actividades empregaremos xunto ao diñeiro corrente, os euros, o diñeiro social, medido en tempo, traballo voluntario ou intercambios.

O Capital co que ten que contribuír cada socio son 30 euros ou 5 horas de traballo social.

Quen quixer asociarse a Arméria pode poñerse en contacto no correo-e:
Ou contactando con Manuel Rivera en:

||||||||||||||||

Nenhum comentário:

Postar um comentário