23 de março de 2012

3ª Xornada de Economía Social e Finanzas Éticas - 27 de Marzo de 2012


Unha ferramenta poderosa nas nosas mans
Unhas finanzas éticas, sociais, comunitarias, solidarias, transparentes, respectuosas co medio ambiente, comprometidas coa abolición da guerra e a construción da paz, comprometidas coa soberanía alimentaria, comprometidas coa complementariedade, ...

A primeira sesión das Xornadas de Economía Social e Finanzas Éticas, foron o pasado venres 3 de Marzo de 2012, a segunda sesión destas xornadas tiveron lugar o 16 de Marzo e a terceira e última xornada vai ter lugar este Martes 27 de Marzo.


O Martes 27 de Marzo a Terceira Xornada

O próximo Martes 27 de marzo, terá lugar a terceira parte destas xornadas. Celebrarase ás 7 da tarde nas instalacións do Colexio Público de Caranza "Manuel Masdías". Esta terceira xornada contara coa presencia de varias persoas da comisión promotora da Cooperativa Armeria.  A Xornada terá como obxectivo profundizar nos contidos expostos na primeira e segundas xornadas, e configurar grupos motores de Economía Social dentro do proceso de constitución do Encontro Social de Ferrol Terra. As persoas que non participaran ou que non cubriran na primeira xornada a ficha de inscripción e estexan interesadas en participar nesta segunda xornada, deberán notifica-lo no correo "comisioneconomiasocial@gmail.com".

Ficha de inscripción en formato -pdf:
Acceder e baixar nos Arquivos

Baixar cartaz da 3ª Xornada en formato -jpg:
Acceder e baixar nos Arquivos

Correio-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
Blogue:
http://encontrosocialdeferrolterra.blogspot.com
Teléfono de contacto: 652 201 003








|||||||||||||||||||||

Nenhum comentário:

Postar um comentário