Referencia: Proceso de constitución do Encontro Social de Ferrol Terra e da Rede de Apoio Mutuo
Lugar: Local Social da Sociedade Cultural, Deportiva e Recreativa San Carlos, rúa Fernando VI, bloque 3, edificio anexo (a pouco máis de 100 metros da Asociación Veciñal de Esteiro, indo na dirección e sentido da casa do Patín).
Informe da V Asemblea Plenaria do proceso de construción do Encontro Social de Ferrol Terra acompañado da Rede de Apoio Mutuo.
Asisten 22 persoas. Están representadas as seguintes organizacións e movimentos: Asociación de Economía Social Briante; A. C. Fuco Buxán; Colectivo Ártabra 21; Lazos Pro Solidariedade - Comité AntiSida de Ferrol; A Revolta de Trasancos - Colectivo Sociocultural; Marcha Mundial das Mulleres, Esquerda Unida, PSdeG-psoe, Asemblea Local do15M.
Das persoas e organizacións que faltaron só a Asociación Veciñal de Esteiro desculpou a súa non asistencia.
Comezamos a xuntanza ás 19:20 e rematamos ás 21:40 horas.
A xuntanza comeza cos seguintes obxectivos e orde do día.
Obxectivo da reunión:
Realizar unha avaliación colectiva das actividades e propostas das Comisións e ampliar as actividades do Encontro Social de Ferrol Terra.
Temas a tratar:
1-Informe da Comisión de Economía Social e Calidade de Vida
2ª Xornada de Economía Social e Finanzas Éticas.(16-3-2012)
Cooperativa en construción.
Proxecto de Mercado de Troque.
2- Informe da Comisión de Diagnose e Comunicación.
3- Propostas e novas comisións.
4- Información da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol.
Acordos, consideracións e informacións:
1-Informe da Comisión de Economía Social e Calidade de Vida.
2ª Xornada de Economía Social e Finanzas Éticas.(16-3-2012)
Faise unha valoración da primeira xornada realizada no Centro Cívico de Caranza. A participación foi máis baixa do esperado, aínda que a xornada tivo moito impacto na formación de moitas das persoas participantes e nalgunhas organizacións que están a estudar proxectos.
En cifras, foron 62 persoas as que participaron, mais abandonaron a sala no transcurso das dúas horas sobre unhas 15 persoas e sobre unhas 7 nos últimos 10 minutos da sesión. Cubriron a ficha tan só 31 persoas.
|Informe de datos da Primeira Sesión das Xornadas|
Desde a Comisión de Comunicación pénsase que se deberon realizar antes cuestionarios, para que as exposicións foran máis concretas e dirixidas a contestar as dúbidas e preguntas das persoas que asistiron.
Fai-se tamén unha contribución sobre a necesidade de entregar un pequeno glosario de termos de economía social para consulta.
A segunda xornada realizárase o 16 de marzo, no CEIP 'Manuel Masdías' de Caranza. Terá o seguinte formato: Proposta de tres temas de debate. Primeira posta en común. Traballo en grupos. Posta en común con conclusións da xornada.
Para participar nesta segunda xornada convocarase ás persoas que cubriron a ficha na primeira xornada. No caso de non tela cuberta, solicitarase a participación no correo comisioneconomiasocial@gmail.com
A Comisión traballará online un borrador de esquema desta segunda xornada.
Cooperativa en construción.
Informase e ponse a debate na asemblea, a posibilidade de utilizar os pasos dados pola Cooperativa Armeria, que se encontra na fase final de constitución. Trataría-se dunha ferramenta que constituiría un paraugas para proxectos e iniciativas que se están a ter desde as comisións. Unha vez feito o debate, acórdase pospoñer esa decisión ata ter máis información e formación sobre este tema.
Ao abeiro dese debate xurdiu outro paralelo sobre a necesidade de mais información e formación sobre economía social, e sobre a desconfianza existente entre grupos activos de economía social na comarca e os movementos sociais e grupos políticos, e como superar esas desconfianzas mutuas e resistencias.
Proxecto de Mercado de Troque e outros proxectos en marcha.
Conseguiuse o software do Banco de Tempo dos Barrios Altos de Bilbao, da Fundación Aldauri. http://www.bdtbilbao.org/
Asinouse un contrato de utilización baixo os criterios do software libre, cos datos do CS A Revolta de Trasancos. Unha vez se teña o software, precisarase un servidor e un dominio para xestiona-lo.
O Colectivo Sociocultural A Revolta de Trasancos comezou a estudar a proposta de funcionamento dunha CAF (Comunidade Autofinanciada [1]).
Ao PPBC (Punto de Produto Básico Compartido [2]) que está a funcionar no Instituto Terra de Trasancos, vaise comezar a organizar outro no CEIP Manuel Masdías.
A Comisión celebrará unha nova reunión que se convocará unha vez finalizada a segunda Xornada de Economía Social e Finanzas Éticas.
2- Informe da Comisión de Diagnose e Comunicación.
Dado a cantidade de ideas que van xurdindo no transcurso do proceso, acordamos necesario lembrar e definir cales son as nosas funcións.3- Propostas e novas comisións.
1- Elaborar a proposta de método de funcionamento e de intercomunicación da Rede de Apoio Mutuo.
2- Facer chegar as convocatorias e informes ao conxunto de persoas interesadas e ao movemento asociativo da Comarca.
3- Manter actualizado o blogue.
4- Manter un arquivo de documentación do proceso de constitución do Encontro Social.
5- Manter reunións coas organizacións, colectivos e asociacións da Comarca, para explicar o proceso.
6- Elaborar proposta para levar a Asemblea plenaria ou achegar ás outras comisións.
7- Recoller información dos medios de comunicación e das entidades sociais.
8- Elaborar unha enquisa á poboación.
9- Facer-se cos estudos socioeconómicos que hai sobre a Comarca.
10- Ir elaborando o Informe propio e o de Diagnose.
11- Seguir traballando sobre a proposta de constitución dun Centro Comarcal de Comunicación.
12- Outros.
Analizamos as cinco fichas elaboradas para a Rede, acordamos poñer unha referencia á Lei de Protección de datos.
Fixo-se outra ficha para as xornadas de Economía Social e Finanzas Éticas que logo unha vez cubertas procesaron-se os datos e emitiu-se un informe.
Preparar para estes días até a próxima reunión unha análise do que hai publicado na rede até o de agora e pensar o como temos que dirixirnos ás persoas e á sociedade no seu conxunto.
Até a próxima reunión seguir contactando coas entidades.
Acordou-se preparar un curso de formación dirixido, principalmente, ás persoas que están participando no proceso de constitución do Foro Social, para que se aprenda a utilizar as ferramentas que temos na rede e o máis básico de informática e internet.
Presenta-se unha idea de servizo comunitario de asistencia xurídica.
Presenta-se a proposta de iniciativas económicas para autofinanciamento das necesidades do propio Encontro.
Ámbalas dúas non se debaten por falta de tempo. Na próxima Asemblea levara-se máis elaborado.
4- Informacións.
Informa-se de que as asociacións veciñais da Graña, Brión, A Cabana e Serantes xunto á Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol convocan un novo acto de protesta polo peche do Consultorio da Graña. Que vai ter lugar o xoves 15 de Marzo de 2012, ás 7 da Tarde na Praza do Concello de Ferrol, diante do Pazo Municipal, haberá unha concentración para demandarlle á Xunta de Galicia unha solución viable para o Consultorio da Graña; solución que só pode pasar pola dotación co persoal necesario ao centro. Non podemos permitir que o SERGAS aproveite unha sentenza xudicial para facer un novo recorte asistencial na nosa comarca.
5- VI Asemblea Plenaria.
Próxima Asemblea, martes 3 de Abril ás 19hs no local da Asociación Veciñal de Esteiro.
6- Cambio de persoa na custodia da documentación económica e diñeiro do Foro Social de Ferrol Terra.
Agardando a un posterior acordo que se tomará no seu momento, a compañeira Bárbarra Primo (Marcha Mundial das Mulleres), que a té agora viña custodiando as contas do Foro Social de Ferrol Terra, entrega a documentación e o diñeiro en deposito (682,96 €), ao Encontro Social, facendo-se cargo provisionalmente de todo o entregado, André Martínez Ces (A Revolta de Trasancos - Colectivo Sociocultural).
[1] CAF (Comunidade Autofinanciada).
[2] PPBC (Punto de Produto Básico Compartido).
* * *
http://encontrosocialdeferrolterra.blogspot.com/.
|||||||||||||
Nenhum comentário:
Postar um comentário