Unha ferramenta poderosa nas nosas mans
Unhas finanzas éticas, sociais, comunitarias, solidarias, transparentes, respectuosas co medio ambiente, comprometidas coa abolición da guerra e a construción da paz, comprometidas coa soberanía alimentaria, comprometidas coa complementariedade, ...
A 1ª sesión das Xornadas de Economía Social e Finanzas Éticas, foron o pasado venres 3 de Marzo de 2012, a segunda sesión destas xornadas terán lugar o 16 de Marzo.
Pequena crónica
Celebrada a primeira sesión das Xornadas de Economía Social e Finanzas Éticas, “unha ferramenta poderosa nas nosas mans”, convocadas no seo do proceso de constitución do Encontro Social de Ferrol Terra acompañado dunha Rede de Apoio Mutuo.
O pasado venres 2 de marzo, celebrou-se no Centro Cívico de Caranza, a primeira parte destas Xornadas, coa intervención de Manolo Rivera, en representación de COOP57, e de Raúl Asegurado, Presidente de FIARE. Nas súas intervencións desenvolveron ámbolos dous proxectos, que ademais son complementarios, un actuando como unha Cooperativa de crédito, e o segundo que aspira en 2013 poder ofertar todos os servizos dun banco convencional, mais cos obxectivos, fins, e metodoloxía da banca ética.
As finanzas éticas, en palabras dos dous relatores que interviñeron nesta primeira xornada, aínda que aspiran a ser a alternativa á banca convencional e aos poderes financeiros en xeral, non son suficientes para acadar a transformación da sociedade, mais revelan-se como unha ferramenta poderosa nas mans dos movimentos sociais e dos sectores populares que se autoxestionar ao abeiro dos seus principios.
O 16 de Marzo a segunda Xornada
O próximo venres 16 de marzo, terá lugar a segunda parte destas xornadas. Celebrarase ás 7 da tarde nas instalacións do Colexio Público de Caranza Manuel Masdias. Esta segunda xornada que se desenvolverá en pequenos obradoiros, terá como obxectivo profundizar nos contidos expostos na primeira xornada, e configurar grupos motores de Economía Social dentro do proceso de constitución do Encontro Social de Ferrol Terra. As persoas que non participaran ou que non cubriran na primeira xornada a ficha de inscripción e estexan interesadas en participar nesta segunda xornada, deberán notifica-lo no correo "comisioneconomiasocial@gmail.com".
Ficha de inscripción en formato -pdf:
Acceder e baixar nos Arquivos
Baixar cartaz da 2ª Xornada en formato -jpg:
Acceder e baixar nos Arquivos
Correio-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
Blogue:
http://encontrosocialdeferrolterra.blogspot.com
Teléfono de contacto: 652 201 003
|||||||||||||||||||||
Nenhum comentário:
Postar um comentário