Referencia: Proceso de constitución do Encontro Social de Ferrol Terra e da Rede de Apoio Mutuo
No Local Social da Asociación Veciñal de Esteiro
Informe da IV Asemblea Plenaria do proceso de construción do Encontro Social de Ferrol Terra acompañado da Rede de Apoio Mutuo.
Asisten 28 persoas. Están representadas as seguintes organizacións: Asociación de Economía Social Briante; Fuco Buxán; Colectivo Ártabra 21; Lazos Pro Solidariedade Comité AntiSida de Ferrol; A Revolta de Trasancos - Colectivo Sociocultural; Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño; Asociación Veciñal de Esteiro; Marcha Mundial das Mulleres.
EU desculpou a súa non asistencia.
1- A Comisión de Economía Social informa da celebración das Primeiras Xornadas de Economía Social e Finanzas Éticas. A primeira sesión terá lugar o venres 2 de marzo no Centro Cívico de Caranza. Ao longo do acto desenvolvera-se un punto de Produto Básico Compartido.
A continuación relataron-se algunhas das iniciativas que quere poñer en marcha a Comisión no camiño de avanzar no obxectivo de calidade de vida. Estas micro-iniciativas estanse levando adiante noutras partes do estado:
- Peto de Aforro Solidario (PAS).
Na xornada do día 2 incidira-se nesta medida.
- Comunidades Autofinanciadas (CAF).
Pequenas comunidades-asociacións de non mais de 30 persoas que crían un peto de aforro para cubrir necesidades ou urxencias que se lle podan presentar a algún dos seus compoñentes.
- Puntos de Produtos Básicos Compartidos.
Pequenos espazos nos centros de traballo ou nas asociacións para compartir o excedente de produtos de horta e temporada, ampliábel a outros produtos.
Outras iniciativas nas que está traballando a Comisión son a creación dun Banco de Tempo, e o deseño e configuración dun espazo de encontro para o auto-emprego.
Informa-se tamén da visita que se realizou a Sedes, por mor dunha información aparecida no “Diario de Ferrol”, sobre a Cooperativa do lugar, as súas dificultades e a intención de crear novos servizos comunitarios (Cuadrilla de Limpeza de Montes, Servizo de Atención á Dependencia, Servizo de Compras, ...)
No debate faise unha proposta á comisión: a posta en marcha dun espazo de mercado de roupa (de troco e de balde). No debate xorden máis ideas sobre mercados alternativos e solidarios. Recollen-se as propostas para desenvolvelas nunha próxima reunión da Comisión.
2- Informe da Comisión de Diagnose e Comunicación.
A Comisión informa da ferramenta web coa que conta o Encontro Social de Ferrol Terra. O blogue http://encontrosocialdeferrolterra.blogspot.com/. Neste blogue está colgada toda a información que veu xerando o proceso de creación do Encontro Social. Dentro dese mesmo blogue están os das Comisións e un que se desenvolve sobre o “Informe de diagnose socioeconómica de Ferrol Terra” [http://diagnose-ferrolterra.blogspot.com/].
Segue traballando na idea de conformar un Centro Comarcal de Información.
[http://encontrosocialdeferrolterra.blogspot.com/p/c-diagnose.html].
A Comisión tamén presenta un bloco de 5 fichas para ir conformando a Rede de Apoio Mutuo. Os datos que se cubran poderán dar información sobre recursos das asociacións e das persoas que participan na Rede, habilidades, formación...
Faise un pequeno informe sobre o proceso de asembleas de barrio que se está levando a cabo en Ferrol, indicando a idoneidade dese espazo para informar do Encontro Social e da Rede.
Presenta-se a imaxe e logo do Encontro, moi parecido en cores e fontes co logo do Foro Social:
Comentan-se tamén a modo de análise da realidade, para a elaboración do Informe de Diagnose, algunhas novas e reportaxes publicados no "Diario de Ferrol" (A situación en Ferrol da hostalaría e pequeno comercio; o abandono de operadores no Mercado Central, ...). Tamén informa-se, e comenta-se, sobre a nova, aparecida na prensa, relacionada coa aparición dun novo movemento no estado, de trabalhador@s sen emprego, cunha formal “neutralidade” ideolóxica, que fan algunhas proposicións parecidas ás nosas, polo que haberá que estar atent@s ao que vaia xurdindo de aí).
Informa-se que se están utilizando ferramentas de internet que son de balde, na conta do Foro Social e que se vai abrir unha conta independente para a Rede de Apoio Mutuo. Nun futuro haberá que contratar un servidor ou ter un propio.
No debate a Comisión de Economía Social recolle os modelos de fichas presentados pola Comisión de Comunicación e Diagnose para utilizalos na xornada do día 2 de Marzo.
Suxíreselle á Comisión de Comunicación e Diagnose entrar en contacto coa xente que levou un xornal comarcal no Eume ao longo de dous anos.
3- A Marcha Mundial das Mulleres informa dos actos unitarios para conmemorar o Día Internacional das Mulleres. O dia 8 en Ferrol, ás 20hs no Cantón. O día 11 manifestación en Compostela ás 12 do mediodía na Alamenda. Haberá autobús. Para apuntarte, chamar ao teléfono 667 685 430 antes do 8 de Marzo.
4- Información da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública. Concentración na Capela, para o Sábado 3 de Marzo, para denunciar o incumprimento do acordo de construción do Centro de Saúde e continuar coa difusión e recollida de sinaturas para a presentación da Iniciativa Lexislativa Popular pola promoción e defensa da Sanidade Pública. O domingo 4 de marzo, concentración diante do Consultorio da Graña ás 11hs.
Reunión da Comisión de Economía Social e da Comisión de Comunicación e Diagnose, próximo martes 6 de marzo ás 19hs nos locais de Fuco Buxán.
Nova Asemblea Plenaria, martes 13 de marzo, ás 19hs nos locais da Asociación Veciñal de Esteiro.
Ferrol Terra, a 28 de febreiro de 2012
|||||||||||||||||||||||||||||
Nenhum comentário:
Postar um comentário