16 de abril de 2012

Informe da Xuntanza do 3 de Abril de 2012

INFORME Nº6 - XUNTANZA CELEBRADA O 3 DE ABRIL DE 2012.

Referencia: Proceso de constitución do Encontro Social de Ferrol Terra e da Rede de Apoio Mutuo
Lugar: Local Asociación Veciñal de Esteiro.

Informe da VI Asemblea Plenaria do proceso de construción do Encontro Social de Ferrol Terra acompañado da Rede de Apoio Mutuo.

Asisten 33 persoas. Están representadas as seguintes organizacións e movimentos: Asociación de Economía Social Briante; A. C. Fuco Buxán; Colectivo Ártabra 21; Lazos Pro Solidariedade - Comité AntiSida de Ferrol; A Revolta de Trasancos - Colectivo Sociocultural; Marcha Mundial das Mulleres; Esquerda Unida; PsdeG-Psoe; Asemblea Local do15M-#AcampadaFerrol; Asociación Sociocultural “López Bouza”.
As organizacións que faltaron non desculparon a súa non asistencia.
Comezamos a xuntanza ás 19:20 e rematamos ás 21:40 horas.

A xuntanza comeza cos seguintes obxectivos e orde do día.

Obxectivo da reunión:

Coñecer e avaliar o traballo desenvolvido polas Comisións entre plenario.
Analizar e debater a proposta de presentación pública do Encontro.
Aprobación, se procede, das propostas presentadas.

Temas a tratar:

1-Informe da Comisión de Economía Social e Calidade de Vida

Valoración das Xornadas de Economía Social
Proposta para a asemblea constituínte da Cooperativa Armeria
Información dos avances nos proxectos de Banco de Tempo, Mercado de Roupa e Grupo impulsor de Finanzas Éticas.

2- Informe da Comisión de Diagnose e Comunicación.

Proposta de Manifesto de Adhesión e Ficha.
Local para o Centro Comarcal de Comunicación.
Achegas ao Informe da situación Socioeconómica e de Diagnose.

3- Propostas e novas comisións.

Acordos, consideracións e informacións.

1-Informe da Comisión de Economía Social e Calidade de Vida
  • 2ª e 3ª Xornada de Economía Social e Finanzas Éticas.
  • Realizáronse dúas xornadas a maiores da celebrada no Centro Cívico de Caranza, o 16 e o 27 de marzo. Nelas analizouse cales poden ser no futuro inmediato os axentes promotores de emprego e calidade de vida na comarca, facendo unha predición do papel dos proxectos de economía social neste contexto. Elaborouse un plano de traballo para desenvolver os catro proxectos que veñen tomando forma ao abeiro do Encontro Social de Ferrolterra (Banco de Tempo, Roupeiro, Grupo promotor de Finanzas Éticas, Centro Comarcal de Comunicación). Acordouse propoñer á asemblea plenaria do Encontro, que estes proxectos se inclúan como seccións da Cooperativa Armeria, xunto ás outras seccións xa existentes (Viaxes solidarios e Organización de Eventos), e propoñer a data do 20 de abril para realizar unha asemblea da Cooperativa para formalizar unha acta de constitución e acollemento de socios. Sería no Centro Cívico de Caranza ás 18hs. Esta asemblea tería dous momentos, un formal, asembleario, e outro de convivencia. Fanse propostas de aportar petiscos e bebida, e non utilizar plásticos para reducir residuos.
  • Informase das xestións realizadas para conseguir o local onde se vai instalar o Mercado de Troque de Roupa. Tamén se informa da planificación do proxecto ( recollida, etiquetaxe, sistema de troque, compra-venda, traballo voluntario...) e de que existe un pequeno orzamento para a restauración do local.
  • O software do Banco de Tempo, que se conseguiu a través da Fundación Aldauri, está xa traducido ao galego (falta revisión). Agora precisarase subilo ao servidor e comezar a xestionalo. Faise a proposta de dominio “bdtferrolterra”.
  • Vai comezar a funcionar o Grupo Promotor de Finanzas Éticas. Realizaran labores de información e asesoramento para todas aquelas persoas e colectivos interesados en facer parte de COOP57 e FIARE.
  • O representante de EU, oferece a sede desta formación política para usos do Encontro Social de Ferrolterra.

2- Informe da Comisión de Diagnose e Comunicación.
  • Proposta de Manifesto de Adhesión e Ficha. Presenta-se para debate un borrador de manifesto para formalizar o compromiso co ESFT. Unha vez que hai distintos proxectos en marcha, proponse a presentación pública do ESFT e a Rede de Apoio Mútuo. O ESFT seguirá tendo carácter aberto, con persoas e organizacións que, sen asinar o manifesto, participen como observadoras co mesmo status que as asinantes.
  • Local para o Centro Comarcal de Comunicación. Hai a posibilidade de utilizar un local en Caranza para comezar as actividades do Centro Comarcal de Comunicación.
  • Achegas ao Informe da situación Socioeconómica e de Diagnose. Informase do estudo sobre a situación do pequeno comercio en Ferrol e da nova perda poboacional que nos situa a niveis dos anos 60.

3- Propostas e novas comisións.
  • Algunhas persoas asistentes ao plenario mostran o seu interese por formar unha comisión de “Agricultura Apoiada pola Comunidade” e “Banco de Terras”.
  • Proponse a estudo, a posibilidade de apoiar a celebración da Asemblea Anual da Rede de Economía Social REAS Galicia. Rede de Redes de Economia Alternativa e Solidaria

4- VII Asemblea Plenaria.

Próxima Asemblea, martes 17 de Abril ás 19hs no local da Asociación Veciñal de Esteiro.

Na rede: http://encontrosocialdeferrolterra.blogspot.com/. <<<

Nenhum comentário:

Postar um comentário