18 de novembro de 2012

Convocatoria da XVI Asemblea Plenaria do Encontro Social de Ferrol Terra - 20 de Novembro de 2012

XVI Asemblea Plenaria do Encontro Social de Ferrol Terra

Proposta de obxectivos e orde do día para a XVI Asemblea Plenaria do proceso de construción do Encontro Social de Ferrol Terra e da Rede de Apoio Mutuo.

Día: Martes 20 de Novembro.
Lugar: Local Asociación Veciñal de Esteiro.
Horario: de 19:00 a 21:00 horas.

Obxectivo da reunión:
  • Recibir información sobre Arméria Soc. Coop. e das diferentes comisión e grupos, se a houber.
  • Recibir información, deliberar e acordar sobre a Rede de Apoio Mutuo e os casos de desafiuzamento pendentes.
  • Debater e avaliar a situación da Comarca e a Folga Xeral do pasado 14N..
  • Avaliar os avances do Encontro.
  • Tratar outros asuntos de interese.
Orde do día:
  1. O pasos dados e futuros na constitución de Arméria Soc. Coop.
  2. Explicación e significado da nova normativa que entrou en vigor o pasado venres, 16 de Novembro, o Real Decreto-lei 27/2012, do 15 de novembro, de medidas urxentes para reforzar a protección aos debedores hipotecarios. Mobilizacións. Situación dos desafiuzamentos pendentes. Nova estrutura e necesidade de máis persoas para a Comisión. Blogue [http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com]. Información da Reunión co Valedor do Pobo, celebrada este Venres 16 de Novembro. Outros asuntos.
  3. A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de Ferrol, convoca unha Asemblea Plenaria para debater e acordar sobre a súa permanencia ou non. A xuntanza terá lugar o Mércores 21 de Novembro ás 6 da tarde no local da Asociación Veciñal de Esteiro. (Debater sobre isto na Asemblea Plenaria do Encontro).
  4. Proposta para preparar un Foro Social de Ferrol Terra co obxectivo de deliberar e analizar sobre o actual modelo enerxético e as posíbeis alternativas. Sábado 15 de Decembro.
  5. Deliberar sobre a agresión do Goberno de Israel contra o pobo palestino que vive na prisión máis grande do mundo, a Franxa de Gaza.
  6. Outros asuntos se os houber.

Ferrol Terra, 18 de Novembro de 2012

|||||||||||||||

Nenhum comentário:

Postar um comentário