5 de novembro de 2012

Convocatoria da XV Asemblea Plenaria do Encontro Social de Ferrol Terra

XV Asemblea Plenaria do Encontro Social de Ferrol Terra

Proposta de obxectivos e orde do día para a XV Asemblea Plenaria do proceso de construción do Encontro Social de Ferrol Terra e da Rede de Apoio Mutuo.

Día: Martes 6 de Novembro.
Lugar: Local Asociación Veciñal de Esteiro.
Horario: de 19 a 21 horas.

Obxectivo da reunión:
  • Recibir información da Asemblea da Cooperativa Arméria e dos próximos pasos a dar na constitución legal da entidade.
  • Deliberar e acordar sobre a Rede de Apoio Mutuo e os casos de desafiuzamento pendentes.
  • Deliberar e acordar sobre a Folga Xeral do vindeiro 14 de Novembro.
  • Debater e avaliar a situación da Comarca.
  • Avaliar os avances do Encontro.

Coa seguinte orde do día:

1º Asemblea Xeral de Arméria do pasado 27 de Outubro (Aprobación de Estatutos, nomeamento do Consello Reitor e Interventor/a, trámites legais, ...).

2º Local de Arméria.

3º Informacións (se as houber): plataforma sanidade, plataforma malgasto, colectivo defensa dos espazos públicos, ...

4º Volveu funcionar a Rede de Apoio Mutuo, no caso do desafiuzamento da vivenda da barriada das sindicais de San Pablo en Catabois. O asunto pendente d'As Rosas de Caranza. Outros e coordinación.

5º Debater e avaliar sobre a situación da Comarca (Navantia, Poligal, Desemprego, Xente do Mar, ...).

6º Convocatoria da Folga Xeral do 14 de Novembro. O papel do movimento social.

7º Constituída unha Alianza Social Galega (Obxectivos, ...).

8º Información da xuntanza para a organización e posta en marcha das redes avisadoras - divulgadoras de seguros éticos e enerxías renovábeis na economía solidaria en Galiza.

9º Outros asuntos se os houber.

Encontro Social de Ferrol Terra

|||||||||||||||||

Nenhum comentário:

Postar um comentário