26 de junho de 2012

Convocada a XI Asemblea Plenaria do Encontro Social de Ferrol Terra que se celebrará o Martes 3 de Xullo de 2012

Nos locais da Asociación Veciñal de Esteiro, o martes 3 de Xullo, mais desta vez será en horario de verán unha hora máis tarde que o habitual, ás 8 da tarde teremos a cita na undécima Asemblea Plenaria do Encontro Social de Ferrol Terra. Moitos son os puntos a tratar en apenas dúas horas para informar, debater e acordar.
Expoñer e analizar o tratado na reunión conxunta das Comisión de Economía Social e da Comisión de Comunicación; Información sobre a Asemblea Galega de REAS, evento organizado pola Cooperativa Arméria que vai ter lugar o vindeiro 7 de Xullo, na casa da Cultura de San Sadurniño; Aprobación, se procede, das propostas presentadas; Información sobre propostas de novos proxectos.

O Temas a tratar serán os que traian as comisións de traballo do Encontro entre os que está: Asemblea anual de REAS-Galiza; Pasos de constitución do 'Grupo de apoio ás finanzas e seguros éticos'; Pasos de constitución do 'Banco de Tempo'; Pasos de Constitución do 'Grupo de Viaxes Educativas e Solidarias da Cooperativa Arméria'; Novos locais e situación dos locais do Mercado de Caranza da Cooperativa Arméria; Situación de estatutos e proceso de legalización de Arméria; Estado de Contas de Arméria; Portal web; Recursos Compartidos; Fichas da rede de apoio mutuo e recursos compartidos; Local da Comisión de Comunicación e Grupo de Finanzas Éticas; Manifesto de adhesión; Asemblea Cidadá para unha nova etapa na loita contra Reganosa – Luns 9 de Xullo, ás 8 da tarde, na Sala de Actividades do IES Carvalho Calero de Caranza; Paso, a paso, Planta de Gas Fora da Ría - Quinta Marcha a Pé a Mugardos que terá lugar o 20 de Xullo, desde o Parque 'Carmelo Teixeiro' de Caranza, ás 5 da tarde até Mugardos; Sanidade Pública; Mobilizacións do Sector Naval; Situación da Comarca; ...  E outras propostas e informacións que se acorden na Asemblea.

Para inscribir-se na Asemblea Anual de REAS-Galiza que se vai celebrar na Casa da Cultura do Concello de San Sadurniño, o Sábado 7 de Xullo:
http://armeriacooperativa.blogspot.com.es/

Vemo-nos, non faltar.

Ferrol Terra, 26 de Xuño de 2012.

Doc da Convocatoria da Asemblea do 3 de Xullo: [Acceder e Baixar]

||||||||||||||||

Nenhum comentário:

Postar um comentário