Referencia: Proceso de constitución do Encontro Social de Ferrol Terra e da Rede de Apoio Mutuo
No Local Social da Asociación Veciñal de Esteiro
Están representadas as seguintes organizacións:
- Fuco Buxán A.C.
- COGAMI
- Marcha Mundial das Mulleres
- Esquerda Unida
- Asociación San Fernando – Recimil
- Colectivo Ártabra 21
- Asociación de Economía Social Briante
- Asociación Veciñal San Pablo
- PSOE
- STEG
- Asociación Veciñal de Ferrol Vello
- Colectivo Sociocultural A Revolta
- Lazos Pro-Solidariedade Comité Antisida de Ferrolterra
- Emisoras Municipais Galegas
- Asociación Veciñal O Rosario - Inferniño
Xustificaron a súa non asistencia:
- ADEGA
- Foro Galego de Inmigración
- Asociación Veciñal Santa Mariña
- Colectivo Opaii - Radio Filispim
- Asociación Veciñal de Esteiro
- Cooperativa de Consumo responsábel A Xoaniña
- Ateneo Ferrolán
- Informe da Comisión de Economia Social e Calidade de Vida.
- Informe da Comisión de Comunicación e Diagnose.
- Análise, debate e se procede aprobación das propostas das comisións.
- Outras propostas.
Tamén se pasa información da mobilización convocada pola Plataforma polo Aforro Público, do xoves dia 9 ás 17:30hs, para demandar da fiscalia que actue contra os xestores que levaron á ruína ás caixa de aforro; e da Iniciativa Lexislativa Popular, pola “dación en pago” en relación ao desafiuzamento de vivendas relacionados coas hipotecas.
Anexase arquivos cos informes das Comisións [*].
Foron temas de debate:
- Como conseguir dar a coñecer o Encontro Social e a Rede.
- Como interconectar a persoas que poidan estar interesadas en participar nos proxectos de economía social.
- Como conseguir conxugar o interese persoal, co traballo e compromiso social que ten que caracterizar ás persoas que se impliquen nos proxectos que xurdan da Rede.
- Realizar unha xornada de formación sobre finanzas éticas, contando coa participación de COOP57 e Fiare.
- Esta xornada será pública e aberta, polo que contará coa súa campaña de divulgación (apuntase oficinas do INEM como lugar preferente).
- Comezar a conformar un fondo de aforro local.
- Incorporar ao proceso a persoas con experiencia en campos concretos que poidan confluír en proxectos.
- Comezar a planificar o funcionamento dun banco de tempo, completado con outras actividades en rede (rede de favores).
- Continuar coa elaboración do informe de diagnose completando a visita ás asociacións veciñais. Facilitar a todas as asociacións e persoas do Encontro Social, o documento “Poder ao noso pobo” Modelo de investigación participativa: creando enquisas: http://datacenter.org
- Continuar co desenvolvemento do proxecto “Centro de Información Comarcal”.
- Reforzar a Comisión sumando máis persoas para acadar os obxectivos marcados en menos tempo.
- Publicar toda a información na rede.
Nova reunión plenaria do Encontro Social de Ferrol Terra, o 28/2/2012 ás 19hs nos locais da Asociación Veciñal de Esteiro.
[*]Documentos Anexos:
INFORME Nº1 DA REUNIÓN DA COMISIÓN DE ECONOMÍA SOCIAL E CALIDADE DE VIDA – DO 24 DE XANEIRO DE 2012.
INFORME Nº2 DA REUNIÓN DA COMISIÓN DE ECONOMÍA SOCIAL E CALIDADE DE VIDA – DO 31 DE XANEIRO DE 2012.
INFORMES Nº1 e Nº2 DAS XUNTANZAS DO 24 DE XANEIRO E DO 31 DE XANEIRO DE 2012.
|||||||||||||||||||||||||
Nenhum comentário:
Postar um comentário