Pódese baixar este 1º Documento:
1º ENCONTRO SOCIAL DE FERROL TERRA. PODEMOS CAMBIAR A COR?
Na citada xuntanza do Consello Local do día 9 de Decembro, perante un tempo debateu-se e reflexionou-se con certa profundidade a proposta: pretendía-se e segue-se pretendendo a promoción e constitución dun Encontro Social de Ferrol Terra.
Pretende-se que sexa, ese Encontro Social, o que debata, reflexione e organice unha resposta unitaria ás políticas neoliberais, de recortes sociais e perda de dereitos, cunha acción en positivo: tecendo unha rede de apoio mutuo.
Para continuar tratando este asunto con máis profundidade e reflexión no seo das diferentes entidades que participaron e outras que considerabamos importante que participaran, convocou-se outra xuntanza do Foro, coa intención que fora o máis ampla posíbel, e xa cun debate e reflexión previa no seo dos organismos das diferentes entidades.
Para tal fin e como o tempo apremaba, decidiu-se convocar a xuntanza ampliada o máis que se poida para o Martes, 27 de Decembro de 2011, ás 7 da tarde no Local da Asociación Veciñal de Esteiro. Esta reunión tiña os seguintes obxectivos:
Camiñar cara o encontro Social de Ferrol Terra, aglutinando ao maior número de asociacións, organizacións e persoas ao redor do Encontro Social, para o que nos propoñemos:
- Elaborar unha relación de organizacións a contactar.
- Acordar un calendario de reunións e celebración do Encontro.
|||||||||||||||||||
Nenhum comentário:
Postar um comentário