Referencia: Proceso de constitución do Encontro Social de Ferrol Terra e da Rede de Apoio Mutuo
No Local Social da Cooperativa Arméria
Informe da Asemblea Plenaria do proceso de construción do Encontro Social de Ferrol Terra acompañado da Rede de Apoio Mutuo.
Asisten 21 persoas. Están representadas as seguintes organizacións: A. C. Fuco Buxán; Colectivo Ártabra 21; A Revolta de Trasancos - Colectivo Sociocultural; Marcha Mundial das Mulleres; PSOE; Briante.
Desenvólvese a seguinte orde do día:
Punto previo: Aprobación ou modificación da orde do día.
- Pasos que se están dando para ultimar a legalización de Arméria Soc. Coop (escritura Pública, CIF e contas). E sobre os locais da Traseira do Mercado Municipal de Caranza e outros asuntos da Cooperativa. Tenda de Troco.
- Rede de Apoio Mutuo. Proposta de actividade para promover o traballo nas hortas de Canido e Caranza. STOP-Desafiuzamentos. Banco de Alimentos. Peto Solidario. Comisión de Xustiza Social.
- Información e toma de decisións sobre a proposta de Radio Buguina para a acción unitaria "Carga de Dignidade"; ...
- Outros asuntos de interese, propostas, rogos e preguntas.
Moderan a reunión Beatriz Cana e Paula Meizoso.
1- Informase que os gastos de notaria para legalizar a cooperativa van ser 400€. Estase pendente de marcar dia e hora para ir asinar o Consello Rector.
Informase da ampliación cun novo local na traseira do mercado de Caranza. Este local destinarase a Alimentos Solidarios de Ferrolterra. Unha vez amañado o local e feito o traslado, a sá contigua á tenda destinarase ás reunións. O local dispón de wiffi e internet en colaboración con Radio Filispim. Acórdase comprometer a máis xente para as xornadas de traballo de amaño dos locais. Informase que na tenda de troco xa se cubriu a ficha de usuari@ nº 66. Existe tamén unha ficha de puntos solidarios para uso daquelas persoas derivadas por STOP-Desafiuzamentos. Estanse estudando outras ideas como utilizar a tenda como punto de excedentes compartidos.
2- Faise un debate sobre a necesidade de crear unha comisión de agricultura, e proponse un acto informativo. As persoas que se achegan a STOP-Desafiuzamentos, son informadas da tenda de troco e das hortas comunitarias. Tamén se achega información sobre a oferta de terras en Viladóniga e Santa Mariña.
3- Proponse crear un equipo técnico de apoio a Stop-Desafiuzamentos para atención psicolóxica de menores e familias en xeral. Falase tamén de levar esta iniciativa aos colexios e institutos para que coñezan a problemática. Outra iniciativa a desenvolver seria a iniciación en galego ou catelań para extranxeiros.
4- Faise un debate sobre o funcionamento do Peto Solidario e os gastos que se realizaron. Proponse organizar algún evento para recoller diñeiro. O Peto debera recoller entradas e saídas e facelo público. Proponse que Alimentos Solidarios poida recoller tanto alimentos como diñeiro.
5- Compártese a convocatoria que Radio Buguina realiza a todo o tecido social de Ferrolterra, para realizar unha acción simbólica en defensa so naval, na muralla de Navantia. A reunión será o 13 de abril ás 12 na AAVV de Esteiro.
6- Dados os problemas de espazo e coordinación que fixeron que a reunión non se puidera celebrar na AAVV de Esteiro, acordase solicitar outros locais. Proponse o Ateneo, Chimarrao, Galicia de Caranza, Fuco Buxán ou Praça do Anfiteatro, ou mesmo na cuberta da traseira do mercado.
Próxima reunión 28 de maio, en horario de 19 a 21hs, na tenda de troco.
Ferrol Terra, a 9 de outubro de 2012
||||||||||||||||||||||||||||
Nenhum comentário:
Postar um comentário