28 de janeiro de 2013

Convocatoria da Segunda sesión da Asemblea Extraordinaria do Encontro Social de Ferrol Terra – 5 de Febreiro de 2013

Asemblea Extraordinaria do Encontro Social de Ferrol Terra - Segunda Sesión

Día: Martes 5 de Febreiro.
Hora: de 6 a 8 da Tarde.
Lugar: Local da Asociación Veciñal de Esteiro.

Na Asemblea Plenaria do Encontro Social de Ferrol Terra, celebrada o pasado Martes 15 de Xaneiro de 2013, acordara-se facer unha Asemblea Extraordinaria cun só punto na orde do día: A situación da Comarca: diagnose e alternativas. asemblea que se realizou con grande participación, mais pola amplitude do asunto, con tantas visións e frontes abertos, non foi suficiente o tempo de asemblea, polo que, na mesma asemblea, acordou-se convocar unha segunda sesión, para o Martes 5 de Febreiro, no mesmo lugar e hora, e coa mesma orde do día:

1.- A situación da Comarca: diagnose e alternativas.
2.- Propostas, rogos e preguntas.

Para orientación pode-se ver
Blogue: Informe socioeconómico de Ferrol Terra e diagnose da situación
http://diagnose-ferrolterra.blogspot.com.es/

Pola importancia do asunto a tratar pregamos un pequeno esforzo, a maiores, para participar nesta Asemblea Extraordinaria.

||||||||||||||||||||||||||||

Nenhum comentário:

Postar um comentário