24 de outubro de 2012

Informe da Xuntanza do 3 de Outubro de 2012

INFORME Nº14 - XUNTANZA CELEBRADA O 3 DE OUTUBRO DE 2012.

Referencia: Proceso de constitución do Encontro Social de Ferrol Terra e da Rede de Apoio Mutuo

No Local Social da Asociación Veciñal de Esteiro

Informe da XIV Asemblea Plenaria do proceso de construción do Encontro Social de Ferrol Terra acompañado da Rede de Apoio Mutuo.
Celebrou-se a xuntanza cos seguintes obxectivos:
  • Recibir información e avaliar os pasos dados na organización da Cooperativa Arméria.
  • Debater e avaliar a situación da Comarca.
  • Asuntos pendentes da anterior Asemblea plenaria
  • Avaliar os avances.

Asisten 22 persoas. Están representadas as seguintes organizacións: A. C. Fuco Buxán; Colectivo Ártabra 21;  A Revolta de Trasancos - Colectivo Sociocultural; Marcha Mundial das Mulleres; Esquerda Unida; PSOE; Asociación Grupo Diversidade Funcional; Cooperativa Xoaniña.

1- Fai-se unha pequena exposición sobre a viaxe a Italia, á zona de Emilia-Romagna, por parte do representante da Cooperativa Xoaniña e un técnico do concello de Ferrol que participou tamén no proxecto, onde a economía social é hexemónica.

2- O Grupo de Viaxes Escolares e Solidarios informa da reunión mantida o 24 de setembro. Existe un blogue desta comisión que intentará funcionar como un centro de recursos [http://viaxes-educativos-solidarios.blogspot.com.es/].

3- Informase da presentación do Grupo de Finanzas e Seguros Éticos realizado o martes 2 de outubro, ao que asistiron un representante de Coop57 e outro de Fiare.

4- A representante da  Asociación Grupo Diversidade Funcional, informa das dificultades da súa asociación, e doutras na comarca, derivadas dos recortes nos subsidios e o atraso nos pagamentos por parte das institucións municipais e Deputación. Acórdase manter contacto para asesoramento por parte do  Grupo de Finanzas Éticas e apoio do Encontro Social a posíbeis mobilizacións.

5- Realizase un debate sobre a proposta que presenta Ricardo Costa para desenvolver no Encontro Social, un “Programa de Fomento da Saúde Integral de persoas en situación de desemprego”. Conclúe o debate co acordo de convocar unha reunión para aquelas persoas interesadas en formar un Grupo de Servizos Comunitarios, dentro do Encontro Social. Ricardo Costa solicita un tempo antes de realizar esta convocatoria.

6- Infórmase da situación en canto ao desafiuzamento dunha vivenda n'As Rosas de Caranza e a actuación da Rede de Apoio Mutuo.

7- Os murais que ocupaban o local de Caranza foron xa trasladados, polo que cumpre que desde a Cooperativa Arméria se convoque unha nova xornada de traballo para recuperar o local.  O de Narón non reúne as características necesarias polo que non se vai facer uso del.

8- A Cooperativa Arméria celebrará a segunda sesión da súa asemblea Constituínte o 20 de outubro (Posteriormente adiou-se para o 27 de Outubro).

Acórdase celebrar un novo plenario o martes 6 de novembro ás 19hs nos locais da AAVV de Esteiro.

Ferrol Terra, a 3 de outubro de 2012


|||||||||||||||

Nenhum comentário:

Postar um comentário